Saturday 27 de April de 2024

Conclúe a programación da Semana Santa coa procesión e representación da resurrección


• Ás 10.30 horas sairá a procesión do Cristo Resucitado desde a igrexa de San Francisco

• Será ás 11 horas, coa chegada da procesión á praza da Quintana, cando teña lugar a representación da resurrección

Neste Domingo de Resurrección, as confrarías compostelás conclúen a súa programación da Semana Santa 2022. Foron, en total, 15 as procesións celebradas desde o pasado Venres de Paixón, lamentando que, a causa da climatoloxía, unha delas non puido realizar o seu percorrido.

Como colofón a unha Semana Santa na que a Xunta de Confrarías destacou o alto seguimento de veciños, visitantes e turistas; esta mañá a Confraría da Vera Cruz será a encargada de realizar a Procesión do Cristo Resucitado. Un desfile que, ademais, inclúe a representación da resurrección na Praza da Quintana. Un acto no que os penitentes quitarán os seus capuces, os nenos e nenas soltarán pombas brancas e a Virxe retirará o seu manto de loito para lucir un de cor nesta Pascua.

Esta procesión saía por vez primeira no ano 2012, e participa unha talla de Xesús Resucitado realizada no ano 2011 por Víctor Vecino que, posteriormente, no ano 2012, foi bendicida polo arcebispo Xulián Barrio. Por outra banda, á outra imaxe, a Nosa Señora da Candeloria; obra do mesmo autor e do mesmo ano, é portada nun trono con 40 con confrades, que foi realizado no ano 2010 nos talleres de Álvaro Martínez.

Procesión do Cristo Resucitado:
Campiño de San Francisco – Rúa de San Francisco – Praza do Obradoiro – Rúa Fonseca – Praza das Praterías – Rúa da Conga – Praza da Quintana – Rúa da Conga – Rúa Nova – Cantón do Toural – Rúa do Vilar – Praza das Praterías – Rúa da Conga – Rúa do Preguntoiro – Praza de Cervantes – Rúa da Acibechería – Praza da Inmaculada – Travesa das Dúas Portas – Rúa de San Francisco – Campiño de San Francisco